
Lola Caramén presentou o informe realizado pola intervención municipal, logo de telo solicitado a Marea Cidadá de Noia.
EMERXENCIA SOCIAL:
Lola Caramés explicou que “ serve para cubrir necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección como son a alimentación e hixiene persoal, vivenda, pagos de uso e mantemento da vivenda, subministros básicos” Nesta partida, indicou “ cabe destacar que, nos orzamentos do ano 2017 previan 30.000€ e só se executaron un total de 7.434,83€” traducido en termos porcentuais un 24,74%. “
CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR
“Neste caso a situación é máis alarmante”, indicou, “ nunha partida que se contemplaba de 30.000€ para axudar ás familias a conciliar a vida profesional e familiar non se gastou nin un só euro en 2017”
ASISTENCIA SOCIAL PRIMARIA, SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR:
Caramén indicou que “ este servizo ten como obxectivo o apoio ás persoas dependentes do noso Concello nas labores cotiás da vida “. Dun total consignado de 401.479,95€ o goberno executou 306.549,87€. “ Queda sen executar un 24% desta partida orzamentaria”. Engadiu que “ temos constancia de que varios usuarios teñen solicitada a axuda no fogar e non se resolveu o seu expediente”
AXUDAS NA EDUCACIÓN E TRANSPORTE DE ESTUDANTES:

A portavoz da Marea indicou que “De 54.500€ que había orzamentados nesta partida en 2017, gastase un total de 44.208,40€, un 20% sen executar” Neste acaso Lola Caramés insistiu en que “ No mes de xuño a Marea levou a pleno esta situación para que a dotar de crédito a axuda ao transporte escolar para que ningunha persoa que cumprira os requisitos tanto académicos como económicos non quedara sen a axuda, en total asegurou, quedaron 9 persoas sen a axuda, ante unha mala xestión do goberno, pese a non executar un 20% desa partida”
CRITICA AO MODELO:
Dende a Marea indican que estes datos non son casualidade, “ É o modelo de Servizos Sociais e de axuda á xente que quere o Partido Popular e o NO.I.A, priorizar en outros gastos en vez de centrarse en resolver os problemas base da xente”
MODELO ALTERNATIVO:
O concelleiro Manolo Seijas explicou o modelo de vila polo que aposta a Marea e alternativo ao que leva acabo polo Partido Popular e o NO.I.A.
Unhas das principais causas do mal funcionamento dos Servizos Sociais é a falta de persoal para cubrir baixas ou vacacións. Dende a Marea aseguran que cubrir as vacantes que se van producindo neste departamento debe ser unha prioridade para un goberno. A cuestión pasa porque haxa persoal suficiente para resolver os expedientes que se tramitan por este servizo, para elo tamén é preciso a revisión da Relación de Postos de Traballo, xa que, co volumen de usuarios é preciso aumentar as prazas do servizo.
Aprobación da ordenanza da Renta Básica Municipal que atenda a aquelas persoas en situación de exclusión social co fin de garantir os dereitos básicos de vivenda, hixene e nutrición.
Plan de Conciliación Municipal, asegurou que é preciso instaurar un plan baixo as seguintes directrices.
o Demandar a creación dunha escola infantil pública
o Ampliación do comedor escolar de Bergondo e creación do da Barquiña.
o Aula de Madrugadores en Bergondo.
o Coordinación das actividades, entre clubes e asociación para o fomento da conciliación.
Plan de transporte:
o Complementaria a axuda ao transporte para estudantes é preciso seguir traballando na inclusión de Noia na Área do Transporte Metropolitano de Santiago para que os presos sexan máis baixo e haxa un maior aforro.
o Dotar as partidas económicas de acordoa datos de anos anteriores e non “ por costume”.