O voceiro da Marea Cidadá de Noia
insta ao alcalde Santiago Freire a que realice licite neste mes as obras que xa
teñen orzamento dende o ano 2015 ou preguntarán na deputación polo estado dos
expedientes, xa que se está abusando dos aprazamentos.
Dende a Marea indican que
Noia é o único Concello da provincia que non levou a cabo a totalidade das
obras dos plans da deputación para o ano 2015. Aseguraron que logo de
dous anos gobernando, nos que se puido sacar a licitación estas obras, carece
de sentido que non se licitarán aínda e que a cidadanía non disfrute das
mesmas.
A relación de obras aprobadas en
outubro do ano 2015 son:
- As beirarrúas da Ponte de San Francisco con 99.941,10 euros
- Eliminación de Barreiras arquitectónicas na República Arxentina que constan de un investimento de 85.790 euros.
- Saneamento en Ousoño e na Barquiña que suman 395.000euros.
- Parque infantil de Campo das Rodas en Bergondo cun orzamento de 44.824euros.
A agrupación
da Marea Cidadá de Noia, non entenden os motivos deste inoperancia do goberno
de Santiago Freire, aseguran que se trata dun goberno que non ten capacidade de
xestión, xa que hai gobernos en minoría que son máis eficaces que este goberno.
No eido da
execución orzamentaria o voceiro da Marea, Manolo Seijas asegura que hai obras
que con partida orzamentaria non se realizaron, como son as melloras en
Abruñeiras e Río do Porto, a mellora na Rúa do Espiritu Santo, a restauración
da Fábrica da Chainza, o Museo do Mar, a cuberta da Ponte de San Lázaro entre
outras actuacións.