A Marea insta ao executivo de Santiago Freire a levar a cabo un Plan de Conciliación durante o verán



O grupo de benestar da Marea Cidadá de Noia ven de solicitar que se execute a partida de 30.000 euros dispoñible nos orzamentos municipais para a creación dun Plan e Conciliación durante os meses de xullo e agosto.

Dende A Marea inciden na necesidade de darlle uso aos centros sociais e aos espacios deportivos das parroquias para esta labor, cun horario pensado para as familias na que traballan os seus membros. Apostan por manter, cando menos cinco espazos, con monitores especializados e unha oferta que ronde as 250 prazas.  
Non podemos entender a conciliación como a creación dun campamento de verán que dura tan só 15 días, aínda que aseguran, pode ser complementario ou repensado para adaptalo a esta proposta, ou mesmo aseguran “ se poderían integrar neste plan de conciliación as ofertas que fan os clubes deportivos e asociación durante o verán” co obxectivo de facer participe a todos os entendes deportivos e culturais da vila.
Ainda así dende a Marea destacan que “ esta iniciativa precisa de un traballo anual, para ofrecer unha oferta de calidade e que se adapte as necesidades da mocidade”
SOLPOR EN FAMILIA:
Manolo Seijas destacou que o “Solpor en familia” que se levou a cabo no mandato 2011-2015 foi unha das actividades que máis éxito tivo , polo que cómpre recuperala e ofertala durante a época estival.
ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE ENTRE 13 E 18 ANOS.
Dende a Marea inciden en que “ hai unha poboación que son os máis esquecidos, aquelas mozas e mozos en idades entre 13 e 18 anos que non teñen unha oferta de actividades. Aseguran que o Festival O Pelegrino encaixa ben nas demandas da mocidade, pero cómpre repensar, en coordinación con eles mesmos, que iniciativas se poderían levar a cabo nas que fosen un suxeito activo.