EnMarea solicitará no Parlamento Galego a creación dun Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas para Noia


Logo da Xuntanza mantida entre a Marea de Noia e as deputadas responsables de educación de EnMarea, Luca Chao e Ánxeles Cuña  estas presentarán unha Proposición non de Lei para que a Consellería de Educación estude a posibilidade de crear un Ciclo superior de Guía, información e asistencia turística.

Dende a Marea de Noia voloran “moi positivamente esta proposta” xa que é preciso formación no ámbito do turismo na nosa comarca, formar persoas que logo poidan desenvolver a súa carreira profesional nesta materia é unha boa nova.
Insisten en que a formación profesional debe adaptarse ás necesidades do mercado laboral da contorna, onde se están a levar a cabo grandes esforzos para a consolidación turística da vila mediante o intento de homologación da variante do camiño inglés. Que precisa segundo o voceiro da Marea de Noia, “ que a Xunta de Galicia se implique nesta proposta xunto cos concellos polo que transcorre”, xa que “ o propósito de todos os partidos debe ser o desenvolvemento económico da vila.
Dende a Marea de Noia tamen instaron ás deputada Luca Chao e Ánxeles Cuña a que analicen na comisión de educación, a necesidade de recuperar o Bacharelato para adultos en Noia e a creación de ciclos formativos relacionados co medio mariño e coa reparación de buques.
A xuntanza concluíu cunha visita a Igrexa de Santa María a Nova onde se puido comprobar o estado de abandono de centos de laúdas gremias cun valor incalculable. Luca Chao recordou que “ tentamos que a Xunta de Galicia adicase unha partida de medio millón de euros para a creación dun novo museo, sen éxito”