A Marea de Noia
rexistrará unha moción para retirar a medalla de ouro ao ditador Francisco
Franco.
A Marea Cidadá de Noia presentará, para o debate na sesión
plenaria do vindeiro 31 de xullo, unha inicitiva que ten por obxetivo principal
a retirada da medalla de ouro ao ditador Francisco Franco.

Na mesma moción solicitarán a retirada da medalla de ouro a Fernando
Suárez de Tángil e José María Rivero de
Aguilar Otero que tamén gozan deste distintivo, ministro e subsecretario de
Obras Públicas
Dende a Marea inciden en que “ non temos nada que agradecerlle,
non son persoas dignas de ter este distintivo, o Concello de Noia non está en
debeda con eles e polo tanto o lóxico é a retirada deste distintivo”
ACTO POLÍTICO.
Este xoves día 19 de xullo, a Marea de Noia organiza
un acto político – histórico ás 20:30 no Claustro do Concello de Noia. No que
participarán a voceira da Marea de Noia, Lola Caramés, Xosé Manuel Beiras,
Benito Portela ( alcalde de Sada) e o historiador Xavier Buxeiro