Marea recórdalle ao executivo local de Noia que se ten aprobado en sesión plenaria unha moción na cal o executivo ten a obriga de encargar un estudo sobre os distintos modelos de xestión do aparcadoiro. Esta iniciativa foi aprobada no mes de abril e de momento o alcalde de Noia, Santiago Freire, non presentou as conclusións deste estudo.
Dende a Marea recordan que hai 2.000 sinaturas de noiesas e noieses que teñen solicitado un cambio no modelo de explotación, que esta fracasado e que non corresponde cun aproveitamento útil do espazo.
A Marea indica que, que os espazos municipais non poden ser privatizados polo Partido Popular, e que día si e día tamén o aparcadoiro atópase vacío, mentres que cada vez é máis complexo aparcar en Noia.
A decisión do Partido Popular de privatizar esta instalación é unha mostra do ideario dos populares, que non son capaces de presentar unha alternativa a este modelo, na que se lle dea unha maior utilidade a un espazo que custou aproximadamente dous millóns de euros.