A Marea de Noia intensifica esta semana a súa aposta pola igualdade




 Na Marea de Noia facemos cada día unha aposta pola igualdade, mais esta semana volcámonos aínda máis se cabe con esta causa que consideramos de vital importanza para unha organización política como a nosa.

SOMOS NOIA POR ELAS.

Dende o 4 de marzo podemos gozar da exposición Somos Noia por Elas nos escaparates de tendas e portas de negocios da nosa vila. Queremos facer unha retrospectiva da nosa intrahistoria e visibilizar as mulleres da nosa vila, pasadas e presentes, xa que sen elas non seriamos a vila que somos.

A FOLGA FEMINISTA

Seguindo nesta liña, asinamos o Manifesto pola Folga Feminista do 8 de Marzo e adherímonos como organización á mesma, difundindo a súa convocatoria e informando a todas as mulleres do noso concello do motivo polo que se vai a folga. O xoves 8 ás 20.00 horas. na Alameda de Noia celebrase unha concentración. + INFO: https://folgafeminista.org/


ACTOS DO DÍA 10 DE MARZO.

O día 10 empezamos cun obradoiro de Autoestima para Mulleres que se celebrará as 11h na Casa da Cultura, onde poderemos atopar recursos e ferramentas que nos axuden no noso día a día e onde poidamos comunicarnos libremente. Para participar neste obradoiro é preciso realizar a inscrición a través da web da agrupación política. Podes anotarte neste enlace:  https:/www.goo.gl/forms/AzTkuhZMHelPYkag1

Xa pola tarde, ás 17.00, percorreremos as rúas de Noia cun roteiro feminista que nos levará a coñecer lugares onde viviron mulleres emblemáticas de Noia.