PERDA DA ESCOLA OBRADOIRO
A Marea acusa ao goberno noiés de perder subvencións para a
vila polo descontrol na xestión municipal Marea de Noia mostrase preocupada
pola perda de numerosas axudas procedentes de outras administracións, por parte
do executivo que dirixe o popular Santiago Freire. Estas axudas permitirían a
contratación e formación de persoas en situación de desemprego, un total de 25
persoas. Todas elas foron denegadas por non entregar distinta documentación ou
por non solicitalas. O “ Obradoiro de emprego” é a considerada a “Gran perda”
pola Marea, dende a organización destacan que se teñen emitido titulares de
prensa en onde se d por feito a adxudicación dun obradoiro conxunto para Noia e
Lousame que melloraría a fabrica da Chainza. Neste sentido dende a Marea
destacan que se perderon 200.000€ para a contratación e formación de 20 persoas
desempregadas.
PERDA DE SUBVENCIÓN DO PLAN HURBE.
Pero non é a única
subvención que lle denegan ao executivo de Santiago Freire, en xuño do ano
pasado, o alcalde confirmaba que o Plan Hurbe pagaría un total de 180.000€ para
unha mellora na rúa Espírito Santo, mesmo se chegou a reservar crédito en Pleno
por valor de 53.000€ para acometer esta mellora. Por non enviar a documentación
correctamente o Concello de Noia quedou sen esta subvención.
SEN TÉCNICO DEPORTIVO.
Á subvención para a
contratación dun técnico deportivo que sacaba a Deputación tampouco se optou,
non se presentou nin a solicitude, dende a Marea estiman que se perderon
arredor de 20.000€, ademais, indica que hai unha necesidade real de reforzo
neste departamento, xa que a piscina municipal mantívose pechada en numerosas
GRUPO MUNICIPAL www.mareadenoia.com ocasións por falta de persoal, ou mesmo
conserxes de pavillóns e funcionarios de augas tiveron que cubrir estas
vacantes.
SEN TÉCNICO DE TURISMO.
Outra das subvencións que non se optou é a de técnico de turismo,
deixando a Oficina de Turismo en mans da asociación de empresarios. A
subvención neste caso ronda os 6.000 euros. Unha xestión sostible do turismo é
necesaria para esta vila, non se entende como neste departamento non traballa
contratada nin unha soa persoa en todo o ano, cando é un dos piares económicos
fundamentais.
SEN SOCORRISTAS NAS PRAIAS
Outra das subvencións que quedou deserta é a de socorristas,
dende a Marea apuntan que se quitaron tarde a convocatoria e os socorristas
titulados xa est n traballando noutras praias da comarca, onde a oferta de
emprego é de maior calidade ca ofertada polo executivo noiés.
DESCONTROL NA EXECUCIÓN DE OBRAS:
A Marea asegura que hai un descontrol na execución de obras
que xa estaban orzamentadas en 2015 e mesmo en 2016, a mellora na
accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas na república
arxentina, o saneamento da Barquiña ou as beirarrúas da Ponte de San Francisco
son obras que non aínda non se executaron, pese a teren orzamento dende hai dous
anos.
