A Marea tacha a xestión de Santiago Freire de inoperante


Acusa ao goberno de non executar obras orzamentadas e con proxecto por valor de 626.000€
A Marea de Noia tacha de inoperante a xestión de Santiago Freire ao fronte do consistorio noiés, debido á inoperancia do goberno e a falta de axilidade nas xestión. As máis graves son as obras aprobadas en 2015 polo goberno anterior e que aínda non foron executadas  e moitas delas, nin sequera licitadas, pese a ter proxecto e ter o orzamento para levalas a cabo dende o primeiro mes que tomou posesión.
Dende a Marea inciden en que “Estamos ante outra proba máis de que o Concello de Noia lle queda demasiado grande ao señor Freire, o que se está traducindo nunha parálise da xestión municipal, prexudicando os intereses da nosa vila e dos nosos veciños e veciñas”
Obra para a eliminación de barreiras arquitectónicas en San Lázaro:
Esta obra foi aprobada en 2015 con fondos da Deputación, unha inversión de 85.000€ que leva dous anos no caixón da alcaldía, e da que só falta a súa licitación. Dende a Marea entenden que é unha prioridade,” xa que estamos falando dunha rúa na que se atopa o centro de saúde.”
Obra de mellora do Parque do Campo de Noia.
Na actualidade atópase nun estado lamentable, onde os máis pequenos non poden gozar das instalacións. Esta obra tamén foi orzamentada hai dous anos e non se sacou a licitación aínda. O importe desta inversión é de 45.000€
Beirarrúas na Ponte de San Francisco:
 Outra das obras que quedou orzamentada e co proxecto rematado no ano 2015, o equipo de Freire non foi quen de licitar esta obra dende febreiro do ano 2016.  Pese a que foi incluída no POS 2015 como proposta do Partido Popular, semella que agora non hai presa para executar os 100.000€ aos que ascende a inversión
Instalación da rede de saneamento no Curral e Ousoño:  
Unha importante obra para a colocación do saneamento saparativo en Ousoño e o Curral, a obra ten un orzamento de 131.000€ e tamén foi aprobada en 2015. Neste momento está sen licitar.
Saneamento da Barquiña:
Esta obra foi licitada hai dous meses, debido a problemas na obra, xa que se tivo que levantar dúas veces o firme, o custo da mesma aumenta, e esta pendente dun modificado que se adapte ao orzamento que destinou a Deputación Provincial para esta obra, polo que se remate pasarán varios meses. Esta situación provocou numerosas molestias entre a veciñanza, xa que o curtes na auga foron frecuentes. O custo da mesma ascende a 265.000€

Dende a Marea recalcan que non poden estar paralizados máis de 600.000€ de inversións, non só pola urxencia na execución das obras, senón polo impulso que fai a obra pública na economía local. É diñeiro que non está disfrutando a cidadanía e que non move a economía.

A formación achaca esta situación a inoperancia de quen pensaba que ía gobernar nun Concello como Lousame, e pasou máis de seis meses abrindo titulares de xornais e non planificando un goberno a tres anos. Dende a Marea esixen ao goberno que axilice estas inversión.