Os obxectivos da proposta son:
Uso das bicicletas que levan varios anos no almacén municipal que se están deteriorando.
Oferta turística innovadora para aqueles visitantes que se acerquen á vila.
A Marea de Noia propón que as bicicletas que están nos almacéns municipais volvan a rúa, desta vez os destinatarios serían turistas que visitan a localidade e que poderían facelo nunha bicicleta dun xeito gratuíto.

As bicicletas segundo a Marea, estarían na contorna da oficina de turismo, e as visitantes poderían utilizalas durante todo o día deixando soamente un documento de identidade.
Dende a Marea consideran que esta medida debería ser realizada dun xeito conxunto con Noia Histórica, xa que é quen xestiona a Oficina de Turismo Municipal, e consideran que a proposta está tendo moi boa aceptación noutros concello, que se desenvolve dun xeito innovador.
Camiñar polo Paseo Marítimo, ir a Praia a Testal ou Boa e visitar todos os recunchos da vila serían algún dos usos que podían ter estas bicicletas, que levan dende almacenadas durante anos no almacén municipal, sen que ninguén fixese uso das mesmas.
Dende a formación política esperan que o goberno local tome en cosideración esta medida e a execute a maior brevidade, xa que “ non custa un só euro e pode repercutir na mellora da escasa oferta turística que se leva dende o Concello”