Dende a Marea
de Noia indican que a falta de
xestión do executivo noiés deriva en que
o Concello leve máis de un ano
sen pagar facturas por un importe que
rondan os 350.000 euros nas que a
maior parte son emitidas por pequenas
e medianas empresas da vila.
Aseguran ademais que
o modelo da adxudicación directa da
obra menor leva a que a maioría das empresas non
poidan nin tan sequera presentar propostas
de orzamento para a realización de obras
ou servizos, polo que quedan excluídas das
distintas contratacións de obras de menos
importe.
A maior parte
son obras de mantemento e reparación
de estradas, creación de memorias e
estudos, organización de eventos, onde o
goberno de Noia adxudica obras directamente.
Dende a Marea indican que as pemes
demostran ser competitivas nos procesos de
adxudicación por concurso, onde gañan a
totalidade dos mesmos, porén non entenden
como o concello adxudica sistematicamente a
dedo sen pedir máis orzamentos.
A propia Marea
mantivo distintas xuntanzas con empresas
que levan máis de un ano sen cobrar,
poñéndoas en situacións económicas complicadas ao ter que asumir as súas
obrigas con menos ingresos dos esperados .
Dende a Marea
instan ao goberno popular a que
priorice o pago das débedas contraidas, no canto
de levar a cabo outras inversións, así como
permitir que todas as empresas queo
desexen poidan ofertar en calquera obra,
mediante publicidade das distintas contratacións
que se leven a cabo.