O pasado
28 de xuño cumpríronse 48 anos dende que un homosexual falecese a consecuencia
dos malos tratos públicos ao que foron sometidos un grupo de persoas de
diferentes orientacións sexuais que frecuentaban o bar de ambiente Stonewall
Inn,
tras ser este
asaltado pola policía estadounidense. Desde entón, cada ano conmemorase este
día como o día dos dereitos de
lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI)
En España, tras varias décadas de
desprezo, humillación, encarceramento e
criminalización
de numerosas persoas pola súa condición sexual, avanzouse significativamente no
recoñecemento legal de importantes dereitos do colectivo LGTBI.
Non debemos
esquecer dúas cousas: unha, que a sociedade aínda ten moito que avanzar na non
discriminación do colectivo LGTBI, e outra, que para conseguir a lexislación
actual, foron moitas as persoas e colectivos que tiveron que soportar
humillacións e discriminacións pola súa condición sexual e por unir as súas
voces e traballo para lograr uns dereitos que son elementalmente democráticos e
que, por tanto, compétennos a todas as persoas que vivimos en democracia.
Foi precisa a
reivindicación, o apoio psicolóxico, a educación, a sensibilización, e é
preciso hoxe o seu recoñecemento expreso para seguir traballando socialmente
nesa dirección, xa que a día de hoxe, aínda queda moito por facer para alcanzar
a desaparición de calquera tipo de discriminación e a igualdade real e social
da poboación
LGTBI.
As discriminacións seguen tendo
lugar no ámbito laboral, político, cultural, social, privado, público, e segue
sendo preciso traballar pola súa erradicación.
Visto as
numerosas burlas que este ano, durante o transcurso e o remate do Día do
Orgullo, se realizaron contra este colectivo no noso concello, sobre todo nas
redes sociais, vémonos na obriga de condenar firmemente esta discriminación e
establecer un firme apoio ao colectivo LGTBI.
Cremos que é preciso
levar a cabo unha serie de actividades de concienciación entre a xente moza
para evitar que esta discriminación siga tendo presenza na nosa sociedade, sen
esquecernos do rural, onde os índices de discriminación son maiores.
Instamos por tanto a que esta corporación tome os
seguintes acordos.
1- Reprobar comentarios e imaxes burlescas que se verteron durante o
transcurso e remate do Día do Orgullo nas redes sociais.
2- Instar ao Goberno Municipal á creación e posta en marcha de Titorias de
Atención á Diversidade en colaboración cos centros educativos da vila.
3- Contribuír, nas competencias que son propias a este Concello, ao
desenvolvemento e aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente
contra toda a discriminación por orientación sexual, identidade de xéner e
diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da nosa sociedade calquer
tipo de LTBIfobia.
4- Retirada inmediata de toda subvención nominativa a calquera entidade que
coas súas acción e declaracións fomenten o odio e a discriminación cara as
persoas LGTBI.
5- Instar a todos os grupos do Parlamento Galego á aprobación dunha Lei Galega
de Identidade de Xénero.
