A Marea de Noia insta a Santiago Freire a que decrete unha intervención temporal do lixo para garantir a salubridade das rúas durante ata que se arranxen os camións


A Marea de Noia vén de instar ao executivo que dirixe Santiago Freire a que decrete unha intervención temporal do lixo para que durante a Feira Medieval non se acumulen máis enseres e se recollan os que se acumulan nas rúas da vila. Indican que un goberno non pode esperar a que se arranxen os camións da mancomunidade, polo que debe artellar unha solución a esta problemática.
Propoñen este sistema “xa que é un dos mecanismos dos que dispoñen as administracións locais para darlle unha solución afectiva a problemas deste tipo, indican que en Lugo e en outros concellos de Galicia se tomou esta decisión”
Esta solución administrativa permitiría ao Concello recoller o lixo sen incumprir o contrato que a mancomunidade ten asinado coa empresa concesionaria, polo que non nos expoñeríamos a unha sanción.
Aseguran que o lixo provoca un grave problema na vila xa que desprende mal olor e provoca situacións de falta de salubridade en varios puntos da vila. Tamén ofrece dunha imaxe lamentable de Noia
Indican que “ non cometeremos o mesmo erro que no 2015 cometeu Santiago Freire asegurando que o problema do lixo solucionábao en dous días”
Dende a Marea instan a empresa concesionaria a que garanta a recollida pola vila co camión que esta operativo, xa que estamos falando dunha fin de semana onde a afluencia de xente a Noia é a masiva.

Indican que esta situación ven dada por unha mala xestión durante anos na Mancomunidade Serra do Barbanza e a falta de comunicación nos últimos tempos coa empresa concesionaria.  Instan a Santiago Freire a que se sente a negociar  para que Noia non se vexa tan agraviada e ademais explique ao conxunto da cidadanía cal é a situación pola que pasa a mancomunidade