Se
queremos empregar o autobús para ir a traballar ou a estudar, non podemos
tardar unha hora en chegar tendo novas vías de comunicación coa capital que
practicamente non se están a empregar. A inclusión na área metropolitana faría
que aumentaran os buses directos polo corredor. Sería máis rápido e doado ir ó
traballo, ó instituto ou á universidade. Por iso esiximos tamén buses directos
ás 7:50 para ir e as 14:50 e 20:00 para volver.
Hoxe
membros da Asemblea da Mocidade da Marea de Noia participaron nun reparto para
informar a cidadanía desta posibilidade. Logo o concelleiro Manolo Seijas, a
deputada de En Marea, Paula Quinteiro e o voceiro da asemblea de mocidade Iván
Rodríguez atenderon aos medios de comunicación.
O
voceiro da Marea destacou que “ é moi
importante para Noia esta inclusión, unha boa conexión de transporte público
con Santiago de Compostela é fundamental, pois dependemos administrativamente,
de xeito sanitario e de educación”
A
deputada Paula Quinteiro asegurou que “
trasladaremos esta proposta ao Parlamento
Galego para instar á Consellería de Educación a que axilice este
proceso, que se traduce nunha mellora no transporte público”
Iván
Rodríguez, salientou que “ para a
mocidade que non dispoñemos de vehículo privado é clave que se reduza o tempo e
o prezo das viaxes”
A
campaña que se desenvolverá ao longo desta semana pretende demostrar que hai un
necesidade real desta inclusión e que se axilice a incorporación de Noia e
comarca na Área do Transporte Metropolitano, tal e como se aprobou en
practicamente en todos os Concellos.