A Marea de Noia organiza unha charla para tratar a plaga da Vespa Velutina

Será na Casa da Cultura o xoves 14 ás 20:30.
A Marea de Noia organiza mañá unha charla informativa para tratar a plaga da Vespa Velutina e da súa implantación na comarca, na mesma participará un axente forestal que comentará o comportamento deste insecto, un apicultor, Mel de Merelle, que explicará como afecta esta invasión á vespa tradicional e como se inserta nas colmenas e por último un bombeiro da Barbanza que contará como é protocolo de retirada dun niño e como hai que actuar se nos encontramos un, das listas de espera que manexan e se son perigosas ou non.

A encargada de presentar o acto será a responsable da Área de Medioambiente da Marea de Noia, Rosa García Chouza, que tamén realizará unha primeira explicación sobre as características desta vespa.