A Marea de Noia insta a Santiago Freire a que axilice a resolución das axudas ao material escolar


A Marea indica que hai prioridades no día a día da xestión municipal, e unha delas debe ser a resolución daquelas axudas que facilitan a vida da xente. Unha das máis importantes é a axuda que o Concello saca cada ano para axudar no financiamento da compra de material, libros de texto e comedor.
Dende a Marea indican que o prazo para a presentación de solicitudes finalizou no mes de xullo e que dende esa data aínda non se sabe se contarán coa axuda, pese a que o curso xa deu comezo.
Dende a Marea indican que o alumnado ten que adquirir o material escolar a principios de curso, nesta semana, e con esa previsión debería actuar o goberno municipal, para ter resoltas as axudas nesta data.
Indican que “ xa estamos fartos de que se culpe ao servizo de intervención deste atraso”, aseguran que “ a falta de capacidade para sacar as oposicións e cubrir as prazas vacantes están provocando colapsos no servizo” ademais de engadir que “ pasan máis tempo enviando documentación a Montoro que dándolle servizo á veciñanza “
Cumprir a convocatoria é imposible xa que o punto décimo prohibe expresamente que a persoa beneficiaría anticipe o diñeiro do vale do material, polo que o alumnado deberá mercalo no mes de novembro que é cando dende a Marea estiman que chegarán as resolucións do mesmo.
BECAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES:

Nada se sabe aínda das becas para o transporte de estudantes do vindeiro curso, dende a Marea indican que xa tiñan que estar aberta a solicitude das axudas para axilizar o proceso de resolución que o curso pasado resolveuse practicamente finalizado o curso académico. Dende a Marea indican que esta cuestión é mera mente ideolóxica, posto que mentres licenzas para Circos se tramitan en doce horas, a resolución destas axudas tardan meses.