A Marea de Noia celebra este domingo a II FEIRA DO MEDIOAMBIENTE

A coordinadora de medioambiente da Marea de Noia, Rosa García, presentou este venres á segunda edición da Feira do Medioambiente que se celebrará este domingo dá 4 en horario de 10:00 a 14:00 no Paseo dos Poetas na Alameda de Noia. Participan números postos tanto de comida produtos ecolóxicos como de reciclaxe, tamén se convidarán con campañas informativas que se centrarán na necesidade de loitar contra a erradicación do eucalipto, do coidado da ría e unha campaña destinada a pequenos e pequenas concienciando sobre a reciclaxe.
Destacan entre os postos produtos do Foro Ecolóxico da Barbanza, de reciclaxe de aceite, composteiro, produtos reciclados e actividades para nenos e nenas