Pequenas obras que son necesarias. Consulta veciñal.

Dende a Marea de Noia estamos elaborando unha moción que recolla pequenas obras que non teñen un custo elevado, pero que son necesarias. Arranxo dos vestiarios do Pavillón Alonso Rodríguez, pavimentación de algún bache etc...
Pero como é imposible chegar a todo o termo municipal, creemos necesario que ti tamén botes unha man e nos comentes en que espazos se debe actúar ou que pequenas compras ten que facer o Concello de Noia.
O financiamento destas obras cubriríase con parte do remante do ano 2016, en total  1.986.953,81 €. A consulta estará aberta ata o mércores.