Lonxe de mofarse delas
utilizando a retranca galega, a Marea de Noia quere poñer en valor o papel das
mulleres na toma de decisións. Seis mulleres falarán das súas experiencias
persoais dende a perspectiva de xénero, así do papel que xogan no seu día a día
na toma de decisións. María Martínez, María Xosé Alfonso, Lola Caramés, Nour
Al-Hussen, Carolina Bescansa e Carmen Santos serán as poñentes do acto que leva
como lema “ As mulleres nos centros de decisión” que se celebrará este venres
12 de maio na Praza do Curro.
Segundo comentou a
coordinadora da Marea de Noia, Lola Caramés “ este pretende ser o acto de
apertura dunha campaña A Marea das Mulleres que continuará no tempo,queda moito
camiño para feminizar a sociedade” Se chove o acto trasladárase aos soportais
do Coliseo Noela.