A Marea de Noia pide rigor e seriedade na xestión do aparcadoiro de Noia.

O Goberno de Noia paga ao ano 2.500 euros de aluguer de cinco prazas de garaxe para vehículos do Concello . O curioso é que no mes de abril 6 aprobouse a Ordenanza que regula a utilización do aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone, que está actualmente en vigor, na cal o Concello de Noia ten reservadas oito prazas de garaxe para vehículos de titularidade municipal.

Dende a Marea recalcan que " aínda que sexa un gasto pequeno, demostra a calamitosa xestión de diñeiro publico que esta levando a cabo o goberno de Santiago Freire". Non é capaz de facer cumprir a ordenanza que eles mesmos aprobaron e propuxeron ao pleno.


Instan de inmediato ao goberno de Santiago Freire a que rescindan o contrato de aluguer e fagan cumprir esta ordenanza.

Argumentan que “xa van coa terceira apertura de solicitudes para o aluguer de prazas, das últimas veces só tiveron 13 solicitudes para cubrir as oitenta prazas que se sacaban para alugar"

A Marea incide en que " isto pasa por non contar coa opinión da cidadanía, non se sabe se hai demanda real de aluguer e aventuranse a sacar unha ordenanza deste estilo, dende que chegaron non paran de improvisar”
Aseguran que o goberno debe admitir o erro no plantexamento da xestión do aparcadoiro, asumir responsabilidades políticas, e poñer encima unha proposta con rigor do aparcadoiro.

Dende a Marea insisten en que “vai sendo hora de que empecen a gobernar con algo de rigor e seriedade” xa que a non aplicación desta ordenanza pode supoñer custes económicos para o Concello de Noia