A Marea de Noia solicita un incremento na seguridade durante as Festas de San Marcos.

Na xunta de voceiros celebrada o luns abordouse no apartado de rogos e a instancias do voceiro da Marea de Noia a situación da seguridade nas festas de San Marcos que se celebran esta fin de semana.
Dende a Marea móstranse moi preocupados pola falta de previsión do concelleiro da Policía Local, xa que a tres días da celebración dos festexos non ten cubertas as quendas da Policía Local todos os días das festas. Concretamente o venres aínda non hai previsión que haxa quenda de noite e o sábado, día de maior afluencia, só hai prevista unha patrulla.
Seijas asegura que hai unha improvisación do goberno,” chegan un martes, a tres días días do comezo da festa e non teñen cubertas todas as quendas” asegurou que “ o señor Bustelo somete a unha cuestión  de fé poder contar cunha patrulla o venres”
Dende a Marea insisten en que “ previsiblemente o sábado a afluencia de xente a Noia será masiva, no concerto que se celebrará finalmente na praza do Curro, ten que haber presenza policial durante todo o evento, polo que se precisan cando menos dúas patrullas nos días de maior asistencia”
Insisten que o goberno ten que buscar o mecanismo válido para que se cubran todas as quendas, “ben con horas extraordinarias ou con colaboración con outras Policías Locais de outros concellos”  
Dende a Marea critican que esta cuestión xa tiña que ser programa ao igual que se programa o cartel das festas, non se entende que a tres días da celebración das festas non estea claro o plan de seguridade. Aseguran que “ tiveron máis de un ano para dar pasos na contratación de máis persoal da Policía Local, agora pasan estas cousas”
Seijas criticou, ademais, a ausencia do concelleiro delegado da Policía Local na xuntanza de seguridade para as festas a que si asistiu a concelleira de Protección Civil e o edil de festexos, así como o xefe de Protección Civil, técnico de cultura e o xefe accidental da Policía Local. “ o señor Bustelo amosa, coa súa ausencia, a falta de compromiso coa seguridade”

Os erros, a falla de planificación e os enfrontamentos cos policías do concelleiro son reiterados ante a total pasividade do alcalde que se desentende, unha vez mais, do problema.