Se vives nun
edificio, estás nunha asociación de veciños ou podes xuntarte con distintos
veciños, dende a Marea de Noia convidámoste a reciclar o aceite de cociña.
Como se fai?
· Moi
sinxelo, ponte en contacto coa empresa REDEACE no número 981-069692 ou no
606105448, encárganse de facilitar un bidón onde podes almacenar todo o aceite
e logo pasan a recollelo.
· Podes
solicitar a recollida neste apartado da súa web http://redeace.es/solicitar-recogida/
previamente terás que cubrir o contrato que podes descargar aquí http://redeace.es/wp-content/uploads/2016/11/contrato-redeace.pdf
Por que
reciclar?
· Reciclar o aceite de cociña non só
favorece á conservación dos nosos ríos e mares, tamén axuda ao bo mantemento
das nosas tubarias e desaugues. Por iso debemos facer un pouco de esforzo para
reciclar cada vez que cociñamos, xa que damos un gran paso para o coidado do
medio ambiente.