A Marea de Noia propón que as compañías eléctricas paguen polas liñas de tensión

Logo da sentenza do 21 de decembro do 2016 do Tribunal Supremo de Xustiza do concello de Arteixo contra Unión Fenosa ábrese un novo marco legal que permite gravar os metros das liñas de alta e baixa tensión que circulan polo termo municipal. A Marea de Noia presentou no rexistro do concello está mañá unha iniciativa que se debaterá no vindeiro pleno no que se solicita que unha vez analizada a sentenza e a ordenanza se cree un novo imposto pola utilización do solo por parte das compañías eléctricas e de suministros no concello de Noia.
Dende a Marea de Noia creemos que igual que a veciñanza ten que pagar os seus impostos polas súas construcións, as empresas que abastecen ao termo municipal, e que obteñen grandes beneficios, tamén deben facelo.
Dende a Marea indican que de aprobarse o Concello de Noia debería aprobar unha estudo económico que ampare legalmente a proposta, aseguran que a parte de Arteixo que ingresará este ano 4.7 millóns de euros por esta partida, outros concellos como Lugo, Cabanas, Ribadavia entre outros xa están iniciando os trámites para aumentar a partida de ingresos que permitirá realizar unha maior inversión.
A Marea solicita ao goberno de Noia que se poña mans a obra e que no ano 2018 se comece a gravar este imposto, para o que é necesario elaborar unha nova ordenanza fiscal e someta ao pleno ao longo de 2017 para que se faga efectiva ao ano seguinte.