O voceiro Manolo Seijas, aproveitou o apartado de rogos e preguntas para
solicitar que se resolven de xeito inmediato
A Marea incidiu en que o prazo
máximo para resolver segundo as bases expirou
o pasado 16 de xaneiro polo que é preciso dar unha resposta urxente ao
estudantado.

A resposta do goberno foi que “
hai 86 solicitudes realizadas e que non se tivo tempo para analizalas todas”
Dende
a Marea aseguran que “ o ano pasado houbo estudantes aos que se lle concedeu a
axuda porque cumprían os requisitos e debido á falta de orzamento non se lle
realizou a transferencia” A Marea vista esta falta de previsión, propuxo unha
emenda no orzamento que permitiría dar cobertura a todo o estudantado á costa
de rebaixar as partidas de festexos, sendo rexeitada cos votos do Partido
Popular e do NO.I.A.