Na tarde de onte celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da Marea de
Noia onde seu conta das persoas que conformarán a coordinara da agrupación.
Lola Caramés será a coordinadora xeral, ao que acompañarán Marisé López en
asuntos sociais, José Romaris en mar, Rosa García Chouza en medioambiente e
seguridade, Xosé Manuel Barreiro Insua en cultura e patrimonio. Chelo Martínez
que ocupará comercio e turismo.
O outro punto que tratou esta asemblea foi a renuncia da concelleira Noelia
Estévez Garcia, que ata agora formaba parte do grupo municipal da Marea de
Noia, que puxo a súa acta a disposición da nova coordinadora o sábado e
formalizou hoxe a súa dimisión. Noelia Estévez García quixo aclarar que “Os motivos que me levan a adoptar esta
decisión son estritamente persoais, impídenme atender os deberes propios do
cargo coa responsabilidade que a cidadanía merece”
Asegurou ademais ante a asemblea que
“creo neste gran proxecto nacido dende a xente e para a xente, como
alternativa política para acabar co goberno da dereita en Noia”
Dende a asemblea da Marea de Noia aseguraron que “ Noelia é unha persoa que
representa o espírito das candidaturas da unidade popular, entendemos a súa
decisión e trasladámoslle os mellores desexos”
Carlos Maquieira, número tres da candidatura, formará parte do grupo
municipal xunto co voceiro Manolo Seijas.