As comisións de goberno son un espazo onde teóricamente os
membros do goberno poñen en común as distintas problemáticas da vila. En Noia,
no pleno de organización logo da moción de censura, aprobouse que serían dúas
ao mes e que as concelleiras e concelleiros percibirían 150 euros por asistir a
cada unha delas, no anterior goberno a indemnización por estas comisións era de
60 euros.
En Noia, das 10 concelleiras e concelleiros de goberno, só dous
dispoñen de adicación exclusiva, polo que son os únicos que non perciben os
pagos por asistir ás comisións. Se por acordo plenario só podían celebrar 20
comisións nos dez meses que se contabilizan, a realidade é que esta cantidade
se multiplica sustancialmente sendo 45 as comisións celebradas. Utilizando de
xeito abusivo a convocatoria extraordinaria para realizar dúas máis ao mes. Se multiplicamos oito por 150€ e sumanos a
contía que percibe a funcionaria que levanta a acta e o multiplicamos por
corenta e cinco o resultado é de 56.025€, moi lonxe do gasto do anterior
goberno do Partido Socialista, que foi un
total 5.280€ no mesmo concepto.
Dende a Marea de Noia consideramos abusivo tanto a cantidade
que percibe cada membro por esta comisión á que non se lle recoñece ningunha
función administrativa, como o xeito indiscriminado de realizar
extraordinariamente as mesmas de xeito continuado no tempo.
Estudaremos propoñer a súa eliminación na próxima sesión
plenaria ou cando menos solicitar unha minoración dos 150€, xa que non se pode
consentir que a previsión que o gasto en comisións de goberno sexa igual que a
previsión de inversión en saneamento no 2017.
No pasado pleno utilizamos o apartado de rogos e preguntas
para esixir que non se realizasen comisións de cordinación de goberno
extraordinarias de xeito ordinario, xa que nos últimos dez meses, das 45
celebradas 27 son extraordinarias.