A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social para o ano 2017
REQUISITOS
- Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
- Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia
- Ser o/a pagador/a da correspondente factura de enerxía eléctrica
- Que os ingresos totais da unidade de convivencia segundo o IRPF do exercicio 2015 (recadros 380 e 395) non superen o 1,5 IPREM (9.585,19 € anuais)
TIPO DE AXUDA
Consiste nunha cantidade fixa de 180 € anuais para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 300 € anuais para as que acrediten ser familia numerosa. Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo de 2016 e o 30 de xuño de 2017.

Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
- Presentación electrónica: https://ticketelectrico.xunta.gal ou http://sede.xunta.gal
- Oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña)
- Oficinas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
- Servizos Sociais Comunitarios Básicos
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 17 de xaneiro ata o 15 de xullo de 2017
MÁIS INFORMACIÓN
- Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
- Sede electrónica da Xunta de Galicia
- No enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
- Teléfonos de información: 981 957 024, 981 545 587 e 981 545 574