
Na sesión participará ao avogado
Xoán Antón Pérez Lema que é Secretario Xeral da Organización de Consumidores e
Usuarios Galega que xestiona unha demanda colectiva contra entidades financeiras
que levaron a cabo estas cláusulas que o Tribunal de Xustiza da UE considerou
abusivas.
Tamén estará o deputado de En
Marea, Antón Sánchez, que realizará unha valoración da instancia á Xunta de
Galicia presentada por En Marea no Parlamento Galego para reclamar unha
arbitraxe colectiva para os 200.000 galegos e galegas que se encontran nesta
situación.
Por parte da Marea de Noia
intervirá Lola Caramés, quen insistiu en que “ hai miles de afectados polas cláusulas
solo na comarca de Muros e Noia, cómpre que as forzas políticas habilitemos de
mecanismos para loitar contra este abuso da banca”