I ASEMBLEA XERAL DA MAREA DE NOIA

 A Marea de Noia celebra a súa primeira Asemblea Xeral logo dos dous anos do seu nacemento.
A Asemblea será mañá xoves ás 20:30 na Casa da Cultura.
Elixirase a coordinadora da Marea de Noia, que se non hai cambios no documento organizativo a formarán seis áreas sectoriais de turismo e comercio, cultura e educación, servizos sociais, medioambiente e obras, mar,  coordinación xeral e participación veciñal.
Tamén se aprobará un novo regulamento de funcionamento e darase conta dos gastos e ingresos do último exercicio.
A prioridade da Marea de Noia pasa por marcar unha folla de ruta ata 2019 que permita acadar o goberno e transformar as propostas en medidas concretas que melloren a vida da xente.

Dende a Marea convidan a participar a todo aquel que crea que a vila de Noia precisa dun cambio político centrado nas persoas, recordan que a asemblea é a aberta a toda a cidadanía


DESCARGAR TEXTOS