Mañá temos dende
ás 10:00 a “Xornada sobre o mar” na que participarán a eurodeputada de AGEe Lidia Senra e a deputada do Grupo
Parlamentar de En Marea no Parlamento de Galicia, Carmen Santos.
Ao longo da mañá
iremos ao hatchery do Freixo, onde poderemos ver o lamentable estado dun dos
maiores criadeiros de moluscos de todo Europa, para longo coñecer de primeira
man os problemas polo que está atravesando o marisqueo en Noia e comarca da man
da plataforma Plademar, será ás 11:15 no Salón de Plenos de Noia, unha hora máis
tarde, abordaremos as distintas ameazas en canto á contaminación que se están a
producir na nosa ría, falaremos coa asociación Verdegaia da Mina de San Finx e
do Vertedoiro.
Ao remate estableceremos
unha estratexia conxunta para levar a cabo no Parlamento Galego e no Europeo
para dar unha resposta á forte crise do sector marisqueiro e evitar calquera
risco sobre a maior actividade económica da comarca
Xa contra a
noite, ás 21:30, no Restaurante Rei Martiño, teremos a presentación do grupo
parlamentar de En Marea, participará Luís Villares, Antón Sánchez, Luca Chao,
Pancho Casal e Carmen Santos.