A Marea
de Noia presenta varias actividades de concienciación ao longo desta semana
sobre a importancia da erradicación da violencia machista da sociedade.
A
primeira lévase a cabo en colaboración co sector comercio, onde se repartirán
carteis con lemas e imaxes en contra da violencia machista. Segundo
Noelia Estévez " é unha campaña similar a que se está levando a cabo de
xeito institucional en varios concellos do páis baixo o lema "violencia en
negro". Esta campaña tamén se extenderá ás redes sociais.
Outra das
actividades e a colocación dun panel cun microrrelato no IES Virxe do Mar que segundo Noelia Estévez " servirá para
que a xente máis nova analice o alto grao de machismo no seu día a día e que
non só se considera violencia machista a violencia física exercida sobre unha
muller"
Por
último e de xeito conmemorativo, o domingo ás 13:00 no Cantón, realizárase unha
homenaxe ás mulleres victimas de violencia de xénero coa posta en escea da
performance de Neves Seara " non só a aquelas que perderon a súa vida,
senón todas aquelas que o sufriron ou o sofren diariamente"
No eido
institucional a Marea participou na redacción da declaración institucional do
Concello e presentará neste pleno unha moción para que se celebre unha campaña
de sensibilización entre as mozas e os mozos
