Anótate á II Xornada Micolóxica da Marea

O día 12 de novembro celebrase a segunda edición da Xornada Micolóxica organizada pola Marea de Noia

A xornada comezará ás 10:30h na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” cunha charla informativa a cargo de Xeromo Estévez Agrafoxo e Edu Estévez, onde se impartirán unhas pequenas directrices sobre a dsaída, as clases de setas que nos encontraremos e o xeito adecuado de recollelas.
A primeira saída ao monte será ás 11:30h e a segunda ás 16:00h. Partirase nas dúas dende a Casa da Cultura e o traslado ao monte será en coche particular.
Ás seis da tarde e para finalizar a xornada, na Praz do Curro celebramos o II Magosto da Marea, onde contaremos con actuacións musicais, castañeiros e xogos tradicionais.