O campamento de verán de Noia foi adxudicado a empresa do secretario xeral de Novas Xeracións na Coruña e da ex deputada Sandra Devesa.

O concelleiro noiés de mocidade, Ramón Santos, compatibiliza o seu cargo coa  presidencia das mocidades do Partido Popular da Coruña, e durante boa parte desta lexislatura foi deputado no Parlamento de Galicia en relevo de María Dolores Faraldo Botana.
Fonte: Partido Popular da Coruña
A empresa Tragaluz  Servizos Integrales S.L. recibiu contratos a dedo por valor de 5.445€ para a realización dun campamento de verán.
Esta sociedade limitada é propiedade ao 95% de José Devesa, que ocupa o posto de secretario xeral na executiva de Novas Xeracións que preside Ramón Santos  dende o Congreso de febreiro de 2016, e da súa irmá, a ex deputada autonómica Sandra Devesa, que tamén foi secretaria de organización das Novas Xeracións do PP da Coruña durante anos, sendo tamén Santos presidente das mocidades do Partido Popular na provincia, Devesa ocupou o posto número 19 da candidatura  , que posúe un 5% da sociedade.
O portavoz da Marea de Noia aclara que ” o campamento de verán xestionábase directamente polo Concello e contratábanse monitores da vila para impartir varias actividades,  unha empresa local realizaba outra actividade pola que facturaba 1.800€, en total o orzamento era de 3.800€.
Dende a Marea inciden en que “ é unha empresa de nova creación, que non está consolidada no ocio e no tempo libre. Existen en Noia e  comarca numerosas empresas de ocio e tempo libre con máis implante que Tragaluz, polo que entendemos que se contrata a está empresa pola simple compañía de militancia entre o concelleiro delegado e os propietarios da sociedade”
Entende que non se pode gobenar deste xeito “ non podemos adxudicar a dedo contratos a empresas de coñecidos, mentres temos en Noia moitas pequenas e medianas empresas sen cobrar dende hai meses”

Seijas explica “ non tanto polo aforro, que tamén, senón porqué houbo queixas de país e naís da organización do campamento de verán e pola carencia de ética nos procesos de contratación pública”