O sábado a Marea de Noia visitou xunto coa eurodeputada Lidia Senra e o deputado de En Marea ,Antón Sánchez, a zona onde se proxecta o vertedoiro industrial de Fontefría, situado nos comenzos do Río Vilacoba en Lousame.
Escoitaron e analizaron xunto coa plataforma contra a instalación do vertedoiro o proxecto presentado ante a Xunta de Galicia así como os informes sectoriais iniciais que xa foron emitidos por distintos organismos autonómicos.
O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, foi moi taxante afirmando que “ ímonos opoñer firmemente a que este vertedoiro se instale na conca hidrográfica do Río Vilacoba, río onde Noia capta a auga que abastece a toda a veciñanza, e río que verque directamente a Ría de Noia, o que provocaría un empeoramento da calidade das augas” Insistiu en que “ imos redactar unha moción ante o Concello de Noia para que este presente alegación en contra do emprazamento do vertedoiro utilizando criterios técnicos”.
Antón Sánchez, deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, insistiu en que “ Dende o gupo Parlamentar de En Marea imos estudar en profundidade este proxecto, xa que non corresponde co modelo de xestión de lixo que propoñemos” incidiu en que “ pediremos un informe que determine o impacto deste vertedoiro sobre o ecosistema e a saúde das persoas”.
A eurodeputada Lidia Senra instou ao Parlamento Europeo a que investigue esta aberración natural, xa que incumpre a Directiva 1999/31/CE, que recolle que os chamados vertidos controlados ou enterramentos de residuos é a forma menos sostible de eliminar residuos en relación co medio ambiente e debe reducirse ao mínimo.
O concelleiro do Partido da Terra de Lousame, José Rodríguez, cualificou de “terrorismo ambiental por parte da Xunta de Galicia e os seus amigos como o Concello de Lousame“ o que se intenta facer en Lousame e lembrou como hai sete días o goberno local e o PSOE optaron pola abstención ante a presentación por parte dos veciños e veciñas dunha moción para se opoñer a este vertedoiro sendo apoiada unicamente polo Partido da Terra de Lousame e o BNG. Así mesmo asegurou que continuarán loitando contra este proxecto e destaco que “non descartamos que existan certas irregularidades administrativas fora do ámbito do Concello e incluso casos de prevaricación que no caso de que se destapen serán levados aos tribunais“ asegurou José Rodríguez.
A concelleira de Marea Cidadá de Noia, Noelia Estevez, manifestou a repulsa do seu grupo ante esta aberración que afectará de xeito moi importante ao concello de Noia xa que recolle as augas do río Vilacoba onde se pretende poñer este vertedoiro industrial. Este mes a Marea Cidadá de Noia presentará no Concello unha moción en repulsa a este vertedoiro como anunciou Noelia Estévez.