A Marea de Noia organizou unha
xornada sobre o mar, na que participou a eurodeputada galega Lidia Senra e os
deputados autonómicos Juan Merlo e Carmen Santos.
Nesta xornada puideron comprobar
o estado de abandono do hatchery de O Freixo, na que Juan Merlo, responsable de
mar, indicou que “levaremos a cabo unha
serie de preguntas e actuacións ao respecto para solicitar a inmediata posta en
funcionamento dun criadoiro financiado con 1,2 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia”. Os
deputados seguirán solicitando a Cofradía de Pescadores unha visita urxente a
dentro do edificio.
Durante a xuntanza co sector do
mar, os deputados puideron observar como o problema fundamental está nos niveis
de contaminación da ría, tanto das verteduras do propio Concello de Noia como
dos concellos que verten a conca do Tambre. Neste caso a eurodeputada Lidia
Senra, ofreceuse a preguntar a Comisión Europea
sobre o estado do saneamento, xa que varias directivas obrigan a non verter ao
río directamente, e insistiu en que a Xunta de Galicia recibe diñeiro europeo
para este fin.
Outra das preocupacións do sector
do mar é a reapertura da Mina de San Finx ou a creación do novo vertedoiro na
conca do río San Xusto. A asociación ecoloxista Verdegaia insistiu en que “ a apertura desta mina suporía unha
contaminación de cadmio no marisco de Noia, e amosaron varios informes técnicos
que así o indican”. Carmen Santos indicou que “ En
Marea xa esta traballando neste sentido no Parlamento Galego, realizáronse
varias alegacións tanto ao vertedoiro como a reapertura da mina”
Tamén se dou un debate sobre a
dragaxe da Ría, o sector marisqueiro mostrou certa preocupación pola falta de
información das administracións públicas. Neste caso o voceiro da Marea aproveitou
para indicar que “ A Marea de Noia está
a favor dunha actuación da ría, pero dunha actuacións con garantías que non
poña en risco nin un só palmo de espazo produtivo, ao contrario que axude a
recuperalos, temos claro que para iso é preciso unha inversión importante” insitiu
en que “con 300.000€ non se garanten unhas medidas de seguridade mínimas para
realizar a actuación”