Ante o xantar que organiza e paga o Concello para as traballadoras e traballadores, así como para os concelleiras e concelleiros, o próximo venres día 16 de decembro no Trapeiro, queremos plasmar a nosa posición:
- Proponemos que, se hai un desexo colectivo de realizar o xantar, o custe corra a cargo dos asistentes á mesma, pagando cada un a parte proporcional que lle correspondan.
- Cremos que non é o momento máis acaído para que o Concello asuma este custe xa que:
o A vila de Noia está a sufrir unha forte crise social e económica producida polo peche do marisqueo por mor da toxina e polo baixo prezo do berberecho
o A débeda a provedores locais é moi alta, así como o período medio de pago aos mesmo.
o O Concello ten un déficit de persoal que non se cubre e que en moitas ocasións obriga á plantilla municipal a realizar máis tarefas das que lle corresponden.
- Consideramos que o espazo escollido para a realización do xantar é inadecuado, xa que o gasto non se realiza en empresas hostaleiras de Noia, que están a pasar mal momento económico, e si nunha de Lousame. De non haber aforo na vila para a mesma deberíase realizar mediante un servicio de catering.
- Ademais, instamos ao goberno de Noia a que de realizarse este xantar, as traballadoras e traballadores que non acudan teñan as mesmas hora libres e igualdade de condicións que aqueles que si asisten.