Durante o Nadal un amplo número de estudantes preparan os exames aos que se terán que afrontar ao remate das vacacións, este é , xunto co mes de abril, maio e xuño, un dos meses onde a asistencia da biblioteca é maior, practicamente se cubre o aforo da mesma.
Hai tres meses que debatemos e aprobamos no pleno unha moción, presentada por todas e todos vos, de melloras que incluía os seguintes acordos:

2. Conexión da biblioteca coa rede galega de bibliotecas e establecer un convenio cos Institutos da vila e CEIP para crear a Rede de Bibliotecas de Noia.
3. Instalación de liña ADSL paralela á Rede da Deputación.
4. Sábados culturais. Desenvolvemento de actividades que acheguen aos máis pequenos á biblioteca durante a fin de semana.
5. Optimización dos espazos analizando os usos do primeiro andar para a redistribución das zonas da biblioteca.
6. Habilitación dunha aula de estudo illada de ruídos e ben iluminada e habilitación dunha aula interactiva.
7. Dotar de enchufes as mesas de estudo.
8. Ampliación dos horarios adaptados á demanda do estudantado, sobre todo nos meses de xaneiro, marzo, maio, xuño e decembro a través dun sistema de voluntaria regulado polo concello.
9. Adquisición e renovación de libros con maior frecuencia.
Dende a Marea imos insistir, mediante accións políticas, na efectivización destes acordos e cando menos daqueles que se poidan realizar sen un gran investimento, como son a liña ADSL, a ampliación de horarios e a colocación de enchufes.