
O concelleiro e a concelleira da Marea quixeron denunciar un roubo esta mañá e non foi posible debido a que só había un axente de servizo que tivo que cubrir varias urxencias
O grupo municipal da Marea Cidadá de Noia presentará mañá unha instancia no Concello solicitando unha mellora nos servizos de emerxencia dada a grave situación que se está a vivir:
-o concelleiro do ramo, Julio Bustelo, está a realizar os cuadrantes por si mesmo cando esta tarefa está asignada ao xefe da Policía Local, tal e como se recolle na Lei Galega de Policía Local.-Non se están facendo turnos de dúas persoas, polo que a integridade física dos axentes está en perigo ao ter que acudir sós aos operativos.-Non se convocaron as prazas vacantes na Policía Local nin en secretaría, De feito, deriváronse auxiliares de policía a realizar tarefas administrativas neste departamento.Tendo en conta que nestas datas a afluencia de xente na vila é maior, hai máis tráfico e os roubos multiplícanse, a Marea insta ao grupo de goberno a que resolva unha situación que non se sostén nin se pode consentir.