LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA
DATA DE REMATE O DÍA 19/05/2016 ÁS 18:00
ATOPA O LIBRO PERDIDO!
BONO DE 30 EUROS PARA COMPRAR LIBROS EN GALEGO PARA @ GAÑADOR@.
LIBRO EN GALEGO PARA QUEN QUEDE EN SEGUNDO LUGAR.
*Para optar ao premio hai que contestar correctamente a TODAS as preguntas.
*Faremos un sorteo entre @s acertantes para repartir os premios
ENVÍA AS TÚAS RESPOSTAS A mareanoiesa@gmail.com
1. Na foto de Manuel María que acompaña esta entrada apréciase no fondo unha construción moi característica dunha vila de Lugo. ¿De que vila se trata?
2. A Dita construción está relacionada cunha lenda medieval. ¿Cal é o nome desta edificación?¿Cal é esta lenda? Cóntanos un pouco de que trata.
3. Varios autores galegos referíronse a esta lenda, un deles nacido no mesmo ano que Van Gogh cortou a orella. ¿Quen é este escritor?
4. No mes de febreiro do mesmo ano do pasamento deste escritor estreouse nos Estados Unidos unha das obras mestras do cinema. Envíanos un link a un trailer deste film.
5. O director de fotografía desta película, dirixIu en 1987 a gravación dun concerto en directo. Envíanos un link a un vídeo deste espectáculo.
6. A cidade onde se gravou este concerto dista 11.685 km doutra capital. De que capital se trata?
7. Un actor nacido nesta cidade un sábado do ano 1929 encarnou a un importantísimo líder latinoamericano nunha película. ¿De que actor falamos? ¿Quen é o personaxe? ¿De que película se trata?
8. No ano de estrea desa película editouse nesa mesma cidade o libro de Manule María que buscamos. ¿Que libro é? Envíanos un link a un poema recitado (audio/video) dese libro.