Consulta sobre a xestión do aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone!

No Pleno deste luns o goberno local presenta o modelo de xestión e ordenaza que regulará o aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone.
O párking conlevou un gasto de 1.400.000 das arcas municipais para incrementar o aparcamento en tan só 10 prazas. A motivación inicial deste aparcamento viña dada para evitar os vehículos lapa, un aparcamento de estacionamento limitado que permitise a rotación dos apacamentos.
O establecemento da regulación do párking a través dun prezo público supón a deducción do IVE, o que no caso do Párking da rúa Xuíz Falcone, implica non pagar cerca de 300.000€ deste imposto. O establecemento de “zona azul” ten a consideración de taxa e implica a imposibilidade de deducir o IVE soportado vinculado á inversión. Polo que con alugar nunha das dúas partes o Concello deduciría o IVE da inversión.
A proposta que o goberno levará a Pleno  establece para as 37 prazas sitas na planta 0 de aparcamento gratuíto e  para as 80 prazas da planta -1, exceptuando as 8 reservadas aos vehículos do Concello,  establece un servizo de aparcadoiro cun prezo público mensual de 30 euros máis IVE priorizando o outorgamento das mesmas aos empadroados no casco histórico ou titulares dunha actividade económica dentro do casco histórico .
Dende a Marea, e tendo en conta o elevado custe dos fondos municipais que se invertiron no aparcadoiro, queremos preguntarlle ás noiesas e noieses cal é o modelo de xestión que a cidadanía quere para o Párkin da Rúa Xuiz Falcone:
1.       1- Gratuíto en ámbalas dúas prantas con limitación horaria.
2.     2-   Gratuíto en ámbalas dúas prantas e sen limitación horaria
3.      3-  Zona azul en ámbalas dúas prantas
4.     4-   Aluguer das prazas da pranta -1 e zona azul pranta 0
5-  Zona azul na planta -1 e gratuíto na pranta 0 ( proposta de goberno)