![]() |
Ampliación núcleo de Sueiro |
O pasado mércores Santiago Freire
levantou a sesión da comisión do PXOM, onde os grupos da oposición preguntaban
ao equipo redactor diferentes dúbidas sobre os cambios introducidos polo
goberno do PP, alegando que “ xa durara demasiado a sesión ”. Polo que non se
resolver as dúbidas dos distintos grupos que tiñan preparadas para ser
consultadas ao equipo redactor.
Este luns foron citados a unha
comisión de urbanismo para ditaminar, como é habitual, o PXOM cos novos cambios
introducidos polos Populares. Nesta
comisión a Marea de Noia denunciou varias cuestións.
- Detectáronse numerosos cambios que non foron comunicados aos grupos da oposición, sobre todo en ampliacións de núcleo ( tanto rurais históricos como comúns). Dende a Marea denunciaron que son “ auténticas cacicadas” e aseguran que “ iremos explicándolle á veciñanza ao longo destes días”
- Non puideron acceder a varios planos de ordenación porque o CD tiña erros. ( cuestión que xera unha inseguridade xurídica importante)
O
martes, ás 16:00, o voceiro da Marea recibe unha convocatoria para unha Xunta
de Voceiros que se celebrou hoxe de urxencia ás 19:00, (tres horas
máis tarde da súa convocatoria). Ningún dos concelleiros da Marea puideron
asistir, xa que se convocaba cun prazo moi reducido de tempo e criticaron que
esas non eran as formas adecuadas. Alegaron que na Xunta de Voceiros do
mércores xa estaba previsto debater en profundidade o documento.
Minutos máis tardes reciben un novo documento do Plan
Xeral polo que o Partido Popular decide cambiar de postura e presenta o PXOM
sen os cambios, propoñendo para a súa aprobación o documento do 1 de marzo do
2015, ( nese momento gobernaba PSOE, NO.I.A e BNG)
Dende a Marea
denuncian a xestión “chapuceira e
torticeira de Santiago Freire” que nun tema de tal calado non é capaz de
facer unha proposta seria e consensuada sobre o Plan Xeral.