Participa no concurso fotográfico #VisitaNoia

Coa finalidade de fomentar que visitantes veñan a coñecer a nosa fermosa vila, lanzamos o concurso fotográfico #VisitaNoia


Para participa nel só tes que subir unha foto dun recuncho de Noia ao facebook co hashtag #VisitaNoia (subida como "público") convidando aos teus contactos a que se acerquen a nosa vila!



Un xurado composto por dous profesionais da fotografía; María Esteirán e Pedro G. Losada, valorarán a calidade, orixinalidade e a difusión da imaxe na rede social!

Os premios son: 
1º Un dron con cámara HD 
2º Unha tablet de 9''.

Axudasnos a promocionar Noia??

Data límite para subir a foto: venres 12 de agosto
Publicación dos gañadores: 15 de agosto