O PP rexeita que a Xunta solucione as graves deficiencias do colexio Felipe de Castro de Noia


·        O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez lamenta a actitude da dereita e denuncia a falta de mantemento dos centros públicos de ensino 
.   Para a MAREA DE NOIA a negativa do PP a resolver as necesidade do Felipe de Castro son un nefasto comezo para o novo Goberno despois da Moción de Censura protagonizada o mesmo dia do debate parlamentar.


Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016.- Ao Partido Popular parece non importarlle que os máis de 400 alumnos e alumnas do colexio Felipe de Castro de Noia sufran graves deficiencias nas instalacións. Esta tarde votou en contra da proposición non de lei –pnl, no documento anexo- de Alternativa Galega de Esquerda que, defendida polo deputado Ramón Vázquez, solicitaba reparacións urxentes no centro público. “Hai un problema recorrente nesta comisión”, explicou Vázquez en referencia á comisión parlamentaria de ensino, “e é o mantemento que se deixa de facer no día a día das escolas públicas e que logo provoca que haxa que facer grandes obras”.

Os puntos concretos da iniciativa de AGE por iniciativa da Marea de Noia, que o PP rexeitou consistían en acondicionar o comedor do centro –que arestora só ten capacidade para 20 cativas e cativos nun centro de máis de 400-, o arranxo da aula de música e do salón de actos, a reparación dos baños do centro e a construción doutros na etapa de Educación Infantil, a construción dun polideportivo e a modificación da zona de estacionamento de autobuses. Mais o Partido Popular, nunha actitude que encaixa co seu obxectivo político de desvalorizar o ensino público, non quixo apoiar a proposición de AGE.


O Deputado de AGE Ramón Vázquez, censurou o comportamento do concelleiro do Partido Popular no Concello de Noia e deputado no Parlamento de Galicia, Ramón Santos, a quen acusou de " traizoar aos veciños e veciñas de Noia xusto o mesmo día en que protagonizou unha moción de censura para ocupar o Goberno do Concello. Teñen vostedes un nefasto comezo que no seu caso, é mais grave como veciño e representante da comunidade noiesa cos dous cargos que acumula"