O pasado outubro o Concello de Noia organizou, a través Concellería de
Relacións Veciñais e participación cidadá, que dirixía a independente Marisol
Villar unha viaxe a Benidorm. A saída estaba prevista, segundo o cartaz do
evento, para o domingo 18 de outubro de 2015 e o regreso o venres 23 dese mesmo
mes. O prezo desa viaxe foi de 270€ incluíndo o autobús, o hotel con pensión
completa e o servizo de guía.
O 6 de febreiro a Marea Cidadá de Noia na súa labor de control e
fiscalización da acción política, solicitaba por rexistro a copia da relación
de ingresos e gastos relativos a esta viaxe.
A Marea Cidadá de Noia recibe o día 11 de febreiro o informe de
intervención, certificado pola secretaria municipal no que se indica o
seguinte:
“Non consta rexistrada ningunha operación no estado de gastos, nin no
estado de ingresos da contabilidade municipal relacionada cun viaxe a Benidorm
no exercicio 2015 o día da data”
A Marea de Noia sospeita polo tanto que existiu UNHA CAIXA B para a xestión
económica desta viaxe, controlada pola concelleira Marisol Villar promotora
desta viaxe.
Estímase que a esta viaxe asistiron entre 54 e 57 persoas, polo que o total
de ingresos rondaría os 15.000€. Ao non existir as facturas oportunas desta
viaxe, a Marea de Noia solicitoulle ao alcalde a convocatoria dunha comisión de
economía para tratar este tema. Así
mesmo, instan a que comparezan os traballadores municipais que participaron na
xestión do evento, e á propia concelleira do NO.I.A, Marisol Villar para que presente
as debidas facturas, xustifiquen o 100% dos ingresos percibidos e de as
explicacións oportunas de porqué se xestionou esta viaxe a través dunha CAIXA B
e non polo procedemento legal establecido.
De non xustificar correctamente este feito, a Marea Cidadá acudirá á xustiza
para que esta ditamine se se incurriu nalgún delito.
Manolo Seijas e Noelia Estevez aseguraron que “ este tipo de prácticas
escuras non poder ter cabida nas institucións, é importante que a transparencia
sexa unha realidade fronte as prácticas da vella política”
Tamén incidiron en que “Con esta Caixa B,
entendemos o porqué do novo pacto que levará ao Partido Popular á alcaldía de
Noia, PRECISAMOS XENTE DECENTE NAS INSTITUCIÓNS!”