AGE presentou cinco iniciativas parlamentarias para arranxar o Colexio Felipe de Castro,

A Marea Cidadá de Noia a través da Alternativa Galega de Esquerda presentou cinco iniciativas parlamentarias para subsanar as grandes deficiencias que presenta o colexio de Bergondo.  Ramón Vázquez e Xabier Ron visitaron as instalacións do centro guiados por membros da ANPA e da dirección do centro,  nesta visita tamén acudiron membros da Marea de Noia.

Noelia Estévez aclarou que “ un dos principios cos que naceu a Marea de Noia foi a mellora na educación pública, e para elo é importante ofrecer unhas instalacións en condicións” Comentou que “ a construción do polideportivo é importante, pero non podemos esquecer a situación que vive o centro no seu interior”
Ramón Vázquez deputado de AGE en materia educativa incidiu “ en que é preciso realizar un investimento no centro educativo de inmediato, estas obras deben corren a cargo da Xunta de Galicia xa que son obras de gran calado para a mellora na calidade educativa” Vázquez incidiu tamén en que “ pese a que o goberno do PP reduciu o gasto en mantemento nun 84% nos últimos anos, esperemos que ao Colexio de Bergondo se dedique unha partida económica e urxente”.
A iniciativa parlamentaria ten como obxectivo dotar cunha partida económica arranxos urxentes, o encauchado do patio de recreo do alumnado de infantil, a aula de música, a creación dun comedor en condicións e a creación dos baños en infantil. Tamén buscará o compromiso da Xunta de Galicia de colaborar co Concello de Noia para traballar na creación dun polideportivo de uso escolar e municipal.
A saída da visita Ramón Vázquez aseguraba que “o centro mostra un estado lamentable non propio de países desenvolvidos, temos que facer valer ese acordo plenario no que o Partido Popular se comprometeu a traballar para arranxar estas deficiencias habilitando así unha partida económica para arremeter as obras”
Manolo Seijas comentou que intentarán introducir unha partida económica nos presupostos municipais para que cando menos unha das obras se leve a cabo a cargo do concello. Priorizando  a creación dos baños de infantil ou o encauchado e insonorización do patio interior, xa que son unhas obras de baixo custe que podería cubrir o Concello de Noia. Ademais incidiu na necesidade de crear o Consello Municipal de Educación na que participarían representación de nais e pais, representantes do profesorado e da dirección do centro, o inspector de zona e o propio Concello. 

DESCARGAR: