A Marea de Noia organiza unha ruta de sendeirismo para este sábado




Co obxetivo de reclamar a homologación das rutas de sendeirismo, como un dos elementos para potenciar o turismo  e a vida saudable da vila,  A Marea Cidadá organiza para este sábado unha andaina “As Praias”.
A saída será dende a Alameda de Noia ás 10:00 e percorrerán os núcleos de Barro, Testal, Taramancos, Boa, Vilar de Boa, Obre e casco histórico.
En total a ruta será de aproximadamente 12 km, e ten pouca dificultade. Dende a Marea convidan a participar a todas aquelas persoas que desexen realizar unha mañá agradable coñecendo unha das rutas máis fermosas de Noia.