Dende a Marea de Noia queremos convidarte ao Magosto Popular que celebramos este sábado ás 18:00 na Alameda.
Contaremos coa actuación dun grupo de gaitas e con diferentes xogos tradicionais galegos como a chave, rá e trompo (trae o teu) e con castaña a prezos populares.
"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"