
A
pobreza enerxética implica unha situación na que unha familia ou unidade de
convivencia é incapaz de afrontar o pagamento de luz e auga. Polo tanto, as
persoas en risco de exclusión social con ingresos esxcasos, non poden
satisfacer as súas necesidades báiscas ao non poder afrontar o pagamento das
facturas de suministros da súa vivenda.
Noelia
Estévez, vicevoceira de Marea Cidadá, sinalou que “É un deber das institucións
garantir que todas as familias teñan acceso a auga e electricidade como un
dereito báisco e o goberno de Noia non pode quedar impasible ante a situación
alarmante dos fogares en situación de poobreza enerxética. No noso Concello son
as asociacións sen ánimo de lucro as que asumen o pago das facturas de luz e
auga das persoas que non son capaces de sufragar estes gastos.”
A
Marea solicitou á corporación municpal que, a través dos Servizos Sociais do
Concello, se desenvolvan as medidas precisas para garantir que todas as
faminilias ou unidades de concivencia en situación de exclusión social teñan
cubertas as súas necesidades mínimas de auga e electricidade na vivenda
habitual. Para isto, reclama un incremento de
12.000€ na opartida de emerxencias sociais no Orzamento do ano 2016. Así
mesmo, propuxo que o Concello, ante unha
posible situación de corte de auga, remitirá a incidencia aos Servizos
Sociaispara o estudo da situación económica da familia.
A
proposta da Marea foi apoiada co voto favorable de toda a corporación.