No vindeiro pleno de decembro votaremos no Pleno en que investir os
600.000€ do Plan Obras e Servizos e Plans de Acción Social que a Deputación da
Coruña pon a disposición do Concello de Noia para gastar en distintas obras,
servizos ... O único requisito especial é que o lugar onde se leven a cabo as
obras sexan propiedade pública.
Dende a Marea, aínda que a nosa posición a tomaremos na asemblea ordinaria
do mes de novembro, queremos que as veciñas e os veciños participen na toma de
decisións, por iso queremos coñecer en que investirías o POS E O PAS que a teremos
en conta no momento de plantexar a nosa postura.