A Marea acumula 243€ do mes de outubro para doar a fins sociais

Pese a que as transferencias a entidades e proxectos sociais farase anualmente a Marea destinará este mes 243€ debido a diferenza entre o aprobado polo PP, PSOE, BNG e NO.I.A no pleno de organización. A Marea considerou esas cantidades excesivas e aprobou en asemblea destinar o excedente a fins sociais.
Comparativa das propostas:
CONCEPTO
PROPOSTA PP, PSOE, NOIA E BNG
PROPOSTA MAREA
PLENO
100€
50€
COMISIÓNS
60€
50€
XUNTAS DE VOCEIROOS
60€
50€

A diferenza máis salientable dáse no pago anual aos partidos, que se fará efectivo no mes de decembro. A Marea propoñía un mensual de 160€ e un variable de 6€ por concelleiro mensuais. Mentres que o resto de grupos aprobaron 250€ e 50€ por concelleiro mensuais. Por exemplo o Partido Popular ingresará só polo grupo un total de 650€ ao mes, que ao ano serán 7.800€, cabe destacar que a última xustificación que fixeron desta subvención foi unha factura dun restaurante.
Este é o cadro resumo do ingresado este mes pola concelleira e o concelleiro da Marea Cidadá de Noia, como vemos hai un desconto do IRPF que pese a que logo serán doados están suxeitos ao pago deste imposto.
Manolo Seijas
Noelia Estévez
Plenos
200,00 €
200,00 €
Comisións
120,00 €
210,00 €
Xunta Voceiros
90,00 €
TOTAL INGRESADO
410,00 €
410,00 €
RENTENCIÓN IRPF
10%
10%
TOTAL
369,00 €
369,00 €
Devolución por comisión
9,00 €
31,50 €
Devolución por plenos
90,00 €
90,00 €
Devolución Xunta de Voceiros
22,50 €
Devolver
121,50 €
121,50 €
Total percibido sin contar IPRF
288,50 €
288,50 €

Manolo Seijas asistiu a dous plenos, tres comisións e dúas Xuntas de Voceiros, unha delas pagada ao 50% por coincidir dúas no mesmo día.
Noelia Estevez asistiu a dous plenos e catro comisións, unha delas pagadas ao 50% xa coincide no mesmo día.
Dende a Marea Cidadá de Noia consideran que este mes se podería aforrar entorno a 2.500€ ao que habería que sumar o aforro na subvención aos grupos políticos.

No pleno de hoxe solicitaremos que se publiquen o que ingresa cada concelleira ou concelleiro da corporación municipal, co fin de que os nosos representados saiban de primeira man en que se gastan os seus cartos.